As Bateas
Descubre o cultivo do mexillón na ría de Pontevedra
A vida vinculada ao mar e os seus oficios tradicionais
Todas as pistas dispoñibles
Máis de 5.000 mulleres en Galicia traballan en oficios relacionados co mar, mantendo vivas tradicións centenarias. Hoxe en día atópanse nun proceso de readaptación ante as difíciles condicións dos seus traballos, con complicacións asociadas entre outros factores ao cambio climático, unido á lenta pero paulatina conquista de dereitos laborais. Xunto ás mariscadoras e bateiras atopámos...
Audioguía - As Mulleres do Mar
Transmitido de nais a fillas dende o século XVIII, trátase dun sector fundamentalmente feminino. Cando nacía unha nena nunha familia mariñeira dicíase aquilo de "xa temos unha atadeira máis".
Traballando nos peiraos ó aire libre, baixo o sol, con frío e humidade. É sempre cos ollos postos nas redes, pois sen o seu traballo e sen a súa importante labor de reparación das redes, os barcos non poderían saír a faenar.
Son parte esencial da nosa cultura marítima, mulleres con mans curtidas que acompañaban o seu traballo de cánticos e historias. Un lugar de traballo pero tamén de encontro.
Profesionalizáronse no 2004 coa creación da Federación O Peirao, a partir da que nacerían diferentes asociacións locais.
A industria conserveira supuxo unha revolución nas vidas de moitas mulleres galegas, que atoparon un traballo remunerado xa dende cativas nun sector que viu na contratación de mulleres unha man de obra de calidade pero ó mesmo tempo barata.
Non foi un trato xusto o que recibiron, aínda que permitiu a moitas mulleres independizarse economicamente. Sen elas, sen o seu esforzo, a industria da conserva galega non tería alcanzado o título de éxito obtido.
Neste caso trátase dunha auténtica conquista social. Unha labor que ata os anos 90 era maiormente masculina, hoxe en día deu un envorco total: 217 percebeiras fronte a 171 percebeiros.
Sen embargo, debido ó perigo intrínseco do traballo, entre a sociedade segue habendo a sensación de tratarse dun oficio puramente masculino.
As mulleres do mar representan a forza e a resiliencia dunha comunidade que mantén vivas as tradicións mariñeiras galegas.
Descubre o cultivo do mexillón na ría de Pontevedra
Protagonistas esenciais da economía mariñeira
A vida vinculada ao mar e os seus oficios tradicionais