As Bateas
Descubre o cultivo do mexillón na ría de Pontevedra
Sistemas de cultivo de mexillón en Galicia
Todas as pistas dispoñibles
Son sistemas de cultivo, as máis habituais son de mexillón, formados por estruturas de madeira que actúan a modo de viveiros naturais flotantes. Forman parte da paisaxe das rías galegas dende mediados do século XX, sendo un sector, o bateeiro, moi forte e importante, onde as mulleres participan en todos os procesos de produción, pese a pasar moitas veces desapercibidas socialmente.
Audioguía - As Bateas
A estrutura componse dun entramado de madeira de eucalipto do cal penduran unhas cordas que permiten os bateeiros recoller os mexillóns cando sexa preciso.
Unhas 700 mulleres traballan hoxe en día directamente no proceso produtivo do mexillón, o que supón unha máis que respectábel cuarta parte do total de traballadores. As mulleres participan en todos os procesos de produción, desde a recollida da mexilla ata o encordado e a colleita final.
Utilízase para gardar utensilios e preparar as cordas evitando en gran medida as inclemencias climáticas. Non sempre contan con ela.
Están compostos por un armazón de ferro recuberto de fibra de vidro e recheo de poliéster expandido. Permiten que a batea se manteña a flote.
Nelas colócase a mexilla (semente do mexillón), que vai envolta nunhas mallas biodegradables para que se amarren correctamente. Unha batea non pode ter máis de 500 cordas e a lonxitude máxima das mesmas non pode superar os 12 metros.
Antigamente de madeira, hoxe de plástico, colócanse na corda cada 30-40 cm para evitar que os mexillóns escorreguen cara o fondo do mar.
É un cubo de formigón coñecido como "morto" que está unido á batea mediante unha cadea e funciona a modo de áncora.
Entre decembro e abril realízase a recollida da mexilla (de entre 0,5-1cm) das rochas para continuar o seu crecemento na batea.
Lévase a cabo o encordado, que consiste en fixar a semente (envolta nunha malla de algodón) á corda mentres non se amarra a esta por si mesma.
Cando cada un tamaño de entre 7 e 10 cm procédese á súa colleita.
Os inicios do consumo de mexillón remóntanse ó século VIII a.C., cando comezou a proliferación das rochas percebeiras e ata o século V d.C. cando comeza a cultivarse en criadeiros artificiais. En 1945, na ría de Arousa, D. Alfonso Ozores, Señor de Rubianes e Marqués de Aranda decidiu probar o seu cultivo de xeito suspendido dando lugar á que sería a primeira batea.
Os mexillóns son animais filtradores que poden chegar a filtrar ata 8 litros de auga por hora.
O mexillón galego acada a talla de comercialización en só 17 meses, moito antes que noutros lugares debido á calidade das nosas augas.
Co 68% do total das bateas, a Ría de Arousa é a máis produtiva.
Aínda que exteriormente non se aprecia, os mexillóns teñen diferentes tonalidades segundo o seu sexo sendo as femias de cor alaranxado e de cor crema os machos.
Descubre o cultivo do mexillón na ría de Pontevedra
Protagonistas esenciais da economía mariñeira
A vida vinculada ao mar e os seus oficios tradicionais